Eurintec Ingenieros

- Políticas de Accesibilidade -

A empresa EURINTEC INGENIEROS SL comprométese a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, ou desenvolvementos financiados dende Europa.

A presente declaración de accesibilidade aplícase ó sitio web www.eurintecingenieros.com, excluíndo os contidos incrustados provintes doutros dominios.

SITUACIÓN DE CUMPRIMENTO

Este sitio web cumpre co RD 1112/2018.

OBSERVACIÓNS E DATOS DE CONTACTO

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade [artigo 10.2.a) do RD 1112/2018] como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web chamando ao teléfono 988375038.

Pode presentar:

  • Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.
  • Unha solicitude de información accesible relativa a:
    • Contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido polo artigo 3, apartado 4.
    • Contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor unha carga desproporcionada.

Na solicitude de información accesible, debe concretarse, con toda claridade, os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

Como podemos axudarlle?